martes, 22 de mayo de 2012

LECTURA COEDUCATIVA: OS POEMAS DO RÍO

Esta peza teatral, escrita en verso, fala da xornada na aula dunha mestra. A profesora le co alumnado poemas que van compoñendo os rapaces e que lle van dando forma á historia dunha fraga de animais que tamén recitan. Todos prestan especial atención á lectura de versos das poetas galegas (María Mariño, Rosalía de Castro, Francisca Herrera, Pura Vázquez e Filomena Dato) que acompañan a historia que se vai creando entre tod@s. Con esta obra pretendemos conseguir que tanto os rapaces/as rapazas coma os adultos se animen a escribir poesía, a poñela en común e a ler as autoras galegas. Os poemas do río non só lle permiten ao profesorado traballar a poesía na aula e relacionala co teatro senón tamén a súa representación.

PUBLICIDAD MUJER SIGLO XX